A Facultade de Bioloxía acolle un ano máis a Fase Galega da XVI edición da Olimpíada Española de Bioloxía, que se celebrará o venres 19 de febreiro. Debido á situación orixinada pola pandemia, a participación limitarase a 20 estudantes de diferentes institutos de Galicia, aínda que previamente levouse a cabo unha proba de preselección nos centros de secundaria na que participaron máis dun centenar de estudantes. Na sesión do venres tamén asistirán profesores de secundaria que participarán en varias actividades formativas.
Para máis información, consultar o programa programa