facultad

Historia da Facultade

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo é unha institución xove, xurdida no ano 2003 a partires da Facultade de Ciencias que albergaba ata aquel entón os estudos de Bioloxía, Ciencias do Mar e Químicas. A partir dese momento a Facultade de Bioloxía é o centro encargado de impartir de xeito especializado os estudos de Bioloxía, incluíndo na actualidade un título de Grao e varios Mestrados, e sendo a sede da actividade de moitos grupos de investigación que profundizan no coñecemento da bioloxía e campos relacionados.

Sen embargo, a historia recente da Facultade de Bioloxía non pode entenderse sen ter en conta a extensa historia dos estudos de bioloxía na Universidade de Vigo, ligados na súa orixe ao Colexio Universitario de Vigo, coñecido popularmente como “el Cuvi”, dependente da Universidade de Santiago de Compostela.

A Historia da facultade en video

Sen embargo, a historia recente da Facultade de Bioloxía non pode entenderse sen ter en conta a extensa historia dos estudos de bioloxía na Universidade de Vigo, ligados na súa orixe ao Colegio Universitario de Vigo, coñecido popularmente como “el Cuvi”, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. Foi no Cuvi onde se comezaron a impartir no ano 1977 os estudios de Bioloxía, naquel entón soamente o primeiro ciclo da Licenciatura de Bioloxía, que podían completarse no campus compostelán.

A fundación da Universidade de Vigo no ano 1990 facilitou a creación da Facultad de Ciencias e a implantación completa da Licenciatura en Bioloxía, aprobándose o seu primeiro plan de estudos no ano 1994. Un ano máis tarde a titulación, xunto coas licenciaturas de Químicas e de Ciencias do Mar, trasladouse a unha nova sede no Edificio de Ciencias Experimentais, onde reside na actualidade. No ano 1996 tivo lugar unha modificación do plan de estudos da Licenciatura en Bioloxía e posteriormente unha última revisión en 2001, ata ser abolida a titulación no ano 2009 trala adaptación dos estudos universitarios ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e a posta en marcha do Grado en Bioloxía como titulación básica do centro. Neste tempo, a facultade deu saída a 17 promocións de licenciados en bioloxía que, xunto á labor investigadora do centro, foron unha mostra excelente del nivel formativo e científico acadado en tan poucos anos. Ademáis, numerosas titulacións de posgrao e programas de doutoramento permitiron completar a formación a licenciados propios e alleos, así como incidir na formación de novos investigadores da máis alta cualificación.

Dende o ano 2009 e seguindo as directrices do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), a Facultade de Bioloxía imparte a titulación de Grao en Bioloxía (autorizada en outubro de 2008), a cal está plenamente consolidada na actualidade e conta cunha elevada demanda social. En relación ao anterior, no curso 2012-2013 levouse a cabo unha modificación da Memoria Verifica do título có obxectivo principal de incrementar a oferta de prazas de novo ingreso, a cal foi implantada finalmente no curso 2013-2014.

Aínda que a titulación de Grao en Bioloxía segue sendo a base da actividade formativa da facultade, ésta mantén unha extensa oferta de estudos de posgrao que especializan en diferentes ámbitos da bioloxía. Así, o centro coordina dende o curso 2010-2011 o Mestrado de Biotecnoloxía Avanzada, compartido coa Universidade de A Coruña, e o Mestrado de Bioloxía Mariña, coas universidades de Santiago e da Coruña, dende o curso 2011-2012. De xeito similar, como evolución dos anteriores programas oficiais de posgrao, xurdiron no curso 2008-2009 os mestrados de Acuicultura e de Neurociencia, que se imparten conxuntamente coas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Por outra banda, no curso 2013-2014 implantouse o Mestrado en Ciencias Biolóxicas, de carácter universitario e impartido integramente en inglés. Ademáis, a Facultade de Bioloxía é la sede coordinadora do Mestrado universitario para o Profesorado de Ensinanza Secundaria e Formación Profesional, que se imparte dende o curso 2009-2010 nos tres campus da Universidade de Vigo e que cursan cada ano un gran número de estudantes.

A actividade investigadora ten sido sempre intensa na Facultade de Bioloxía, permitindo a formación de numerosos grupos de investigación que desenvolven proxectos do máis alto nivel científico nos seus laboratorios e nas instalacións de investigación que a universidad pon á súa disposición, tales coma o Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI), a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) ou o recentemente creado Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO). Esta actividade investigadora complementase cunha variedade de programas de doutoramento do ámbito da bioloxía que son ofertados pola universidade e que, en gran medida, se desenvolven na Facultade de Bioloxía. Todo isto, ademáis, repercute na xeración dun gran número de teses de doutoramento que son defendidas ano tras ano na facultad e que permiten elevar a formación universitaria ao nivel máis alto posible.

Para dar resposta á elevada oferta formativa e investigadora, o centro foise dotando ao longo dos seus anos de existencia dun amplo cadro de profesorado, comprometido coa formación especializada, con coñecementos actualizados e con espíritu innovador. Pero ademáis de todo isto, dende os anos previos á introducción do EEES e como parte de adaptación ao mesmo, a facultade foi incorporando diferentes mecanismos que garanten a calidade na docencia, introducindo novas tecnoloxías, poñendo en contexto unha gran variedade de actividades formativas nas aulas e laboratorios e establecendo estrictos mecanismos de coordinación docente. Neste mesmo sentido, e có obxectivo de ofrecer unha formación integral, as titulacións do centro foron implantado de forma paulatina plans de acción titorial que tratan de garantir a necesaria orientación e atención continua aos estudantes.

A aposta pola calidade e mellora continua forma xa parte do eixo vertebral da facultade e diversos hitos marcan o compromiso que manten coa calidade:

  • Participación da titulación de Licenciatura en Bioloxía no II Plan de Calidade das Universidades, no ano 2002.
  • Plan Estratéxico da Facultade de Bioloxía 2005-2007. Elaborado ao objeto de facilitar a integración no escenario do EEES e dirixir a facultad cara ao camiño da excelencia.
  • Misión e Visión da Facultade de Bioloxía. Foron establecidos no Plan Estratéxico e seguen sendo referentes do centro, tanto a nivel interno como cara ao exterior. O lema establecido naquel entón “Su éxito, nuestro éxito”, segue estando vixente na actualidade.
  • Certificación do Deseño do Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Bioloxía, curso 2008-2009. O centro participou na primeira convocatoria de ACSUG para “deseñar” un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) dentro do Programa FIDES/AUDIT. A proposta recibiu un informe favorable da axencia con data de 30 de xaneiro de 2009.
  • Implantación do SGC, có despleegamento da maior parte dos procedementos e accións que derivan da súa aplicación.
  • Certificación da implantación do SGC da Facultade de Bioloxía. Durante o ano 2013 a Facultade de Bioloxía participou na convocatoria piloto de ACSUG para certificar a implantación do seu SGC. Con data de 18 de novembro de 2013, a facultade recibe a certificación por parte da axencia dando constancia de que o SGC está implantado dacordo coas directrices establecidas polo programa FIDES- AUDIT.
  • Evolución e mellora continuas. Xorden da necesaria adecuación dos procedementos do SGC ás novas normativas e á realidade das titulacións, o que conleva unha revisión continua do sistema de calidade adaptándose ao contexto de cada momento e favorecendo a implantación de melloras na calidade docente, a planificación e a estratexia do centro.