facultad

A nosa contorna

A CIDADE DE VIGO E A SÚA COMARCA | O CAMPUS UNIVERSITARIO DE LAGOAS-MARCOSENDE

 

A cidade de Vigo e a súa comarca

vigo

A cidade de Vigo é dende o ano 1990 a sede do principal campus da Universidade de Vigo. Esta cidade da costa atlántica galega localíizase no interior da ría de Vigo, a cuxa entrada se atopan as Illas Cíes, contorna natural de alto valor ecolóxico pola singularidade do ecosistema que conforman e dos organismos que as habitan, que forman parte do parque nacional Illas Atlánticas. O municipio forma xunto a outros municipios lindeiros (Porriño, Mos, Redondela, Gondomar, Nigrán, etc.) a comarca de Vigo, que se extende por gran parte da vertente sudoccidental da provincia de Pontevedra.

A cidade e a súa comarca caracterizanse por unha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, a industria, o comercio, o turismo e os servizos, sendo consideradas históricamente como o principal motor económico e industrial de Galicia. A cidade de Vigo, de case 300.000 habitantes, dispón do porto de mercancías máis importantes de toda a costa atlántica e é o principal porto comercializador de peixe para consumo humano de España e un dos primeiros do mundo. Vigo é considerada unha cidade dinámica, emprendedora e vanguardista, na que convive a cultura do ocio, cunha ampla oferta de museos e salas de arte. Ao mesmo tempo, a cidade ten sabido crecer en equilibrio cunha contorna natural na que destacan as súas fantásticas praias.

Para coñecer máis: http://www.turismodevigo.org/es/un-mar-de-vida

 

O campus universitario de Lagoas-Marcosende

cuvi

Situado aproximadamente a 15 km da cidade de Vigo, o campus universitario Lagoas-Marcosende é o principal enclave académico-administrativo da Universidade de Vigo e alberga entre os seus múltiples centros á Facultade de Bioloxía. O campus universitario sitúase nunha contorna natural singular, extendéndose pola ladeira sur dunha zona montañosa na que se ubica a parroquia de Zamáns, a unha altitude de entre 390 e 450 m sobre o nivel do mar. Dende os miradores situados nas proximidades do campus universitario pódese percibir toda a beleza da ría de Vigo, incluída a propia cidade e os municipios colindantes.

O campus é un lugar de contraste no cual se combinan modernas construccións que son referentes da arquitectura contemporánea, cunha paisaxe natural de gran beleza e riqueza biolóxica. Nesta contorna paisaxística habitan unha ampla variedade de especies animais, tales coma o lagarto arnal (Lacerta lepida), o águila ratoneira (Butea butea) e o coello (Oryctolagus cuniculus), así como cabalos (Equus caballus) salvaxes que forman parte da cultura secular galega. Asimesmo, pódense atopar unha gran diversidade de especies vexetais de orixe autóctono e alóctono. Os restos arqueolóxicos tamén forman parte do campus, cós xacimentos megalíticos do Monte das Pedreiras como máximo exponente e nos que se atopan restos significativos dun poboado do final da era de bronce.

O campus universitario alberga nove facultades, así coma o edificio da Reitoría e o edificio de servizos centrais, varios edificios de investigación, unha gran biblioteca central do campus, unha residencia de estudantes e o amplo complexo comercial que conforma a denominada Cidade Universitaria. Asimesmo, no campus Lagoas-Marcosende contamos coa posibilidade de practicar diferentes deportes, tanto en instalacións ao aire libre (pistas de atletismo e futbol, pistas de tenis,…) coma no interior de recintos (piscinas, ximnasio,..). Por último, se o que desexas é tranquilidade e relax, nos arredores do campus podes disfrutar de amplos espazos habilitados coma merendeiros en pleno contacto coa natureza.

Máis información en: http://oma.webs.uvigo.es/document/guia_natureza_2005.pdf