Como cada ano e coincidindo coa celebración do patrón das ciencias naturais, San Alberte, a Facultade de Bioloxía convoca unha nova edición do seu Concurso de Fotografía Científica, a vixésimo terceira.
O certame, aberto a todos os membros da comunidade universitaria, busca imaxes de calquera temática relacionada coa fotografía científica e o prazo de presentación dos orixinais será entre o 2 e o 6 de novembro. As obras depositaranse na Biblioteca do edificio de Ciencias Experimentais. Admitiranse un máximo de tres obras por autor, que deben ser inéditas e poden ser en branco e negro ou en cor, realizadas con calquera técnica. O tamaño mínimo das fotografías será de 10 x 15 cm e o máximo de 20 x 30 cm. As obras deberán ir montadas sobre cartolina, cun marco de polo menos 2 cm onde figurará o título da obra.
Como cada outono e no marco da celebración do seu patrón, o San Alberte, a Facultade de Bioloxía pon en marcha unha nova edición do Concurso de Fotografía Científica. O obxectivo é buscar a mellor instantánea que reflicta os aspectos máis espectaculares, descoñecidos ou curiosos da ciencia e o certame está aberto a calquera membro a da comunidade universitaria, con independencia do campo, centro ou función que desenvolvan.
As persoas que desexen participar nesta nova edición, a número 22, poderán presentar ata un máximo de tres obras, que deben ser inéditas e poden ser tanto en branco e negro como a cor, e realizadas con calquera técnica. O tamaño mínimo das fotografías será de 10x15 cm e o máximo de 20x30 cm. As obras deberán ir montadas sobre cartolina, cun marco de polo menos 2 cm onde figurará o título da obra. Cada participante entregará dous sobres cerrados: un deles, marcado externamente coa palabra “obra”, conterá as obras identificadas cun pseudónimo; no outro sobre, indicarase externamente o “pseudónimo elixido”, e incluirá o nome do autor, teléfono e correo electrónico. O prazo de admisión de fotografías comezará o 3 de novembro e rematará o 7 de novembro ás 20.00 horas e as obras depositaranse na Biblioteca do edificio de Ciencias Experimentais.
“Un día de pura e excelente neurociencia made in Galicia”. Así se referiu o profesor Manuel Ángel Pombal Diego, presidente do comité organizador e coordinador do Máster en Neurociencia na UVigo, ás XX Xornadas para Xoves Investigadores en Neurociencia, unha actividade coorganizada polas tres universidade públicas galegas como “marco idóneo” no que as persoas que se incorporan á actividade investigadora a través do Máster Universitario en Neurociencia poidan discutir con docentes e investigadores sénior os seus proxectos e os resultados dos seus traballos de investigación.
A cita arrancou a primeira hora deste venres na Facultade de Bioloxía cun acto de apertura que contou coa participación da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; a decana da Facultade de Bioloxía, Mercedes Gallardo; o coordinador xeral do Máster en Neurociencia, Miguel Ángel Rodríguez Díaz, profesor da Universidade de Santiago de Compostela; e o presidente do comité organizador e coordinador do máster na Universidade de Vigo, Manuel Ángel Pombal Diego.
Acaba de arrancar un mes moi intenso de eventos no campus de Vigo. Todas as escolas e facultades viguesas elixiron diferentes datas de xuño para a celebración destes clásicos eventos que marcan o fin dunha etapa académica para comezar ou ben novos estudos ou ben arrancar no mundo laboral. En total, entre todos os actos das escolas e facultades do campus de Vigo recibirán as súas bandas 1032 estudantes.
Un dos centros máis madrugadores será a Facultade de Filoloxía e Tradución, que elixiu como data para o seu acto este venres 6 de xuño, ás 17.00 horas. Se as condicións climatolóxicas o permiten, o evento reunirá nas gradas exteriores aos 130 novos titulados dos graos en Filoloxía Aplicada Galega e Española, de Linguas Estranxeiras e de Tradución e interpretación. Os padriños serán, respectivamente, os profesores Xosé Antonio Fernández Salgado e Ana Varela; Esperanza Rama; e Valentina Marta Rodríguez e Neal Baxter. No transcurso do acto intervirá a cantante María Xosé Silvar, Sés.