Xornadas de presentación dos mestrados 2022

O día 28 de abril terá lugar a xornada de presentación dos mestrados da Facultade de Bioloxía, dirixida principalmente ao alumnado de 4º de grao.
Na actualidade, a Facultade ten adscritos 6 mestrados oficiais que abranguen unha ampla variedade de contidos que permiten complementar a formación do biólogo.
Así mesmo inclúe un mestrado de formación de profesorado que capacita para o desempeño da función docente no ensino secundario e a formación profesional.