A plantilla de Persoal Docente e Investigador (PDI) da Facultade de Bioloxía é a encargada de impartir a docencia das diferentes titulacións oficiais do centro

No Grao en Bioloxía a plantilla de profesorado que imparte docencia está integrada por máis de 80 profesores/as permanentes (17% catedráticos/as de universidade, 50% profesores/as titulares de universidade e 18% profesores/as contratados/as doutores/as). A totalidade deste profesorado posúe o título de doutor/a e está vinculado en exclusiva coa universidade. A plantilla completase cun asociado/a e preto de 20 docentes-investigadores/as contratados/as baixo diversas figuras (contratos Ramón y Cajal, contratos da Xunta de Galicia, contratos predoutorais, etc).

Categoría Homes Mulleres Total %
CU 15 10 25 30.49%
CEU 0 0 0 0%
PTU 19 24 43 52.44%
PCD 1 3 4 4.88%
ID 1 5 6 7.32%
IRC 2 2 4 4.88%
PXGA 0 0 0 0%
Outros 0 0 0 0%
TOTAL 38 44 82 100%

 

Perfil do profesorado do Grao en Bioloxía

2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015

Histórico de información do profesorado do Grao en Bioloxía – cursos 2010-2011 a 2017-2018

A maior parte do profesorado que imparte docencia no Grao en Bioloxía tamén o fai nos títulos de mestrado que oferta a facultade. Ademais participa profesorado doutros centros da Universidade de Vigo ou doutras universidades que colaboran nestes títulos de mestrado, así como especialistas de centros de investigación, centros de educación e empresas relacionadas có seu ámbito de coñecemento.