Revista REVBIGO

 

A Revista de Bioloxía de UVigo (REVBIGO) ten como un dos seus principais obxectivos facilitar a publicación dos traballos académico-científicos elaborados polo estudantado que está a se formar na nosa facultade.

O nacemento da revista tivo lugar no ano 2006 auspiciada por unha experiencia piloto de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, na que participou o centro. Sen dúbida foi unha iniciativa que conseguiu un notable éxito dando lugar nesa primeira etapa a cinco volumes de edición anual (anos 2006 a 2010). A súa solvencia viuse ratificada tamén coas numerosas achegas realizadas polo estudantado dos diferentes cursos da xa extinguida Licenciatura en Bioloxía.

Visita a web de REVBIGO