Os estudos de doutoramento son a etapa final da formación académica e conducen á obtención do título de doutor. A estrutura formativa dos Programas de Doutoramento inclúe a realización de cursos e unha etapa de investigación na que o alumno desenvolve a Tese de Doutoramento.

Na Universidade de Vigo, os Programas de Doutoramento dependen administrativamente da Escola Internacional de Doutoramento, pero manteñen unha forte vinculación cós centros onde desenvolven as súas actividades formativas e de investigación. Na actualidade distintos Programas de Doutoramento manteñen un estreito vinculo coa Facultade de Bioloxía, todos eles cunha forte orientación á investigación de procesos relacionados coa bioloxía e as súas aplicacións.

Os Programas de Doutoramento con implicación no centro son: