banner

Mestrado en Acuicultura

INFORMACIÓN SOBRE MATRÍCULA

Benedicta Expósito González

Área de Estudos de Mestrado

+34 986 812 532
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Visitar a web do Mestrado en Acuicultura

Descrición

O mestrado interuniversitario (UVIGO-USC-UDC) en Acuicultura proporciona ao estudante unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesionalizante en Acuicultura. O estudante adquire coñecementos, destrezas e aptitudes que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias para o futuro desenvolvemento da industria.


Coordinador: José Luis Soengas Férnandez | 986 812 564 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Oferta de prazas: 30 prazas (10 na UVIGO, 10 na UDC e 10 na USC)

Tipo de ensinanza: Presencial | Periodicidade da oferta: Anual | Duración: 90 ECTS