banner

Licenciatura en Bioloxía

O Plan de Estudos da Licenciatura en Bioloxía extinguiuse no curso académico 2015-2016; polo tanto, non se imparte docencia desta titulación.

Breve reseña

Os estudos de Licenciatura en Bioloxía implantaronse na Universidade de Vigo no ano 1990. Dende entón, a Licenciatura foi dotada dun plan de estudos dirixido a formar titulados en bioloxía (biólogos) con capacidade para comprender o funcionamento e o comportamento dos seres vivos, a súa orixe e evolución, e a súa relación co medio que os rodea.

No curso 2001-2002 púxose en marcha o derradeiro plan de estudos reformado da Licenciatura en Bioloxía (Resolución do 26 de xullo de 2001 da Universidade de Vigo, BOE do 28 de agosto). A carga lectiva deste plan de estudos xa se valoraba en créditos, sendo éstes as unidades que se correspondían a 10 horas de ensinanza teórico-práctica de cada materia. No caso da licenciatura, a carga lectiva foi de 322,5 créditos repartidos en cinco anos, de xeito que o primeiro ciclo estaba formado polos tres primeiros cursos académicos e o segundo ciclo polos dous restantes. Ademáis, no segundo ciclo podíase escoller unha orientación entre as tres que se impartiron na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo:

  • Bioloxía fundamental e sanitaria.
  • Biotecnoloxía.
  • Organismos e sistemas.

No ano 2009 os estudos de Licenciatura foron reemplazados polos de Grao en Bioloxía, titulación cunha duración de 4 anos (240 créditos ECTS).

A extinción da Licenciatura en Bioloxía levouse a cabo de forma progresiva (un curso por ano), de forma que a actividade docente do último curso da Licenciatura foi impartida no curso 2013-14. Dende ese momento os alumnos con materias pendentes de Licenciatura tiveron dereito a exame (6 convocatorias nos 3 cursos académicos seguintes), o que permitiu a moitos deles finalizar os seus estudos.

Por outra banda, a Facultade dispuxo en todo este tempo de mecanismos que garantiron ao alumnado todavía matriculado de materias da Licenciatura, a posibilidade de adaptarse aos estudos do Grao en Bioloxía. A información sobre estes mecanismos de adaptación para estudantes de Licenciatura de Bioloxía está dispoñible no seguinte enlace.