banner

Resultados previstos

Taxas propostas para o Título de Grao

Denominación Valor
Taxa de Graduación Alcanzar como mínimo o 50% en 6 anos
Taxa de Abandono Alcanzar como máximo o 20% en 6 anos
Taxa de Eficiencia Alcanzar como mínimo o 70% en 6 anos
Taxa de Rendemento Alcanzar como mínimo o 70% en 6 anos

Progreso e resultados de aprendizaxe do estudantado

A Universidade de Vigo non ten establecido ningún procedemento xeral, máis alá do que cada titulación determina nos seus propios procesos de avaliación de ensinanzas, para a valoración do progreso e os resultados do estudantado.

A Facultade de Bioloxía analizará o progreso e os resultados do estudantado da titulación a través de tres vías:

  • Desenvolvemento dos Procedementos Chave do SGC DO-0201 P1 de Planificación e desenvolvemento da ensinanza e DE-02 P1 de Seguimento e medición
  • Desenvolvemento do Informe de Revisión do Sistema pola Dirección
  • Desenvolvemento do Traballo Fin de Grao. A elaboración do TFG será utilizado como ferramenta da titulación có obxecto de avaliar de forma global a aprendizaxe do estudantado, pois dito traballo deberá recoller o coñecemento das competencias, contidos e procedementos globais do grao. Este traballo será, polo tanto, un dos procedementos estipulados para a sistemática de avaliación de resultados.

 

Resultados actuais

Outros resultados que o título fai públicos