docencia

PAT do Grao en Bioloxía

O PAT é o instrumento a través do cal se deseña o contido e execútanse as distintas accións relativas á titoría do estudantado matriculado na titulación.

O PAT que se desenvolve na Facultade de Bioloxía dá apoio continuo ao estudantado no plano académico, persoal e pre-profesional, facilitando a súa adaptación ao sistema universitario, orientándoos e motivándoos durante os seus estudos, e contribuíndo á súa formación para o desempeño da profesión. O PAT trata así de dar coherencia a un dos principios polos que aposta a Facultade de Bioloxía: contribuir á formación integral do estudantado e á plena adquisición das competencias do título.