banner

Semana Cero do Grao en Bioloxía 2018/2019

Dende o luns 10 e ata o xoves 13 de setembro o estudantado que se incorpora por primeira vez ao Grao en Bioloxía poderá asistir a unha serie de actividades dirixidas especialmente para eles e que conforman a semana cero. A semana cero ten como obxectivo que o novo estudantado coñeza de primeira man a estrutura e o funcionamento da titulación de Grao en Bioloxía, da Facultade de Bioloxía e da Universidade de Vigo.


Visita o apartado da Semana Cero