banner

Publicouse a Resolución Reitoral de concesión de bolsas Erasmus+ Estudos

Este xoves 2 de maio, a oficina de Relacións Internacionais publicou a Resolución Reitoral de concesión de bolsas Erasmus+ Estudos. Podedes consultala na seguinte ligazón:

Secretaría Virtual

É preciso presentar a aceptación ou renuncia no prazo de 10 días hábiles (remata o prazo o 16 de maio). Para elo, hai que enviar o documento completo e asinado por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Lémbrase que se non se presenta a aceptación en prazo, considérase como unha renuncia.

Lémbrase tamén que non se poden aceptar dúas bolsas de mobilidade diferentes para o mesmo periodo, polo que se alguén ten concedida unha bolsa propia, Santander, ISEP, etc, deberá aceptar unha e renunciar á outra.

A ORI enviará o modelo de aceptación. É preciso completar toda a información e marcar os cadros correspondentes. Hai que indicar se sodes ou non bolseiros/as do Ministerio este curso (convocatoria xeral de bolsas). É importante pois a bolsa varía en función dese dato.

Finalizado o prazo de aceptación, publicarase as listaxes de beneficiarios de bolsas Santander Erasmus.