banner

Celebración da XIII Olimpiada Española de Bioloxía na nosa facultade

Convocatoria da XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Galega Autonómica)

A OEB (Olimpiada Española de Biología) convoca a XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Galega Autonómica) baixo o patrocinio de, entre outros, da Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

A Fase Galega celebrarase o 12 de xaneiro de 2018 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.


Poderán participar na XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2017-2018, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Prazo de inscrición: entre o luns día 16 de outubro e o venres día 17 de novembro de 2017.