banner

21/06/2019 - Acto Académico de Graduación

A Facultade de Bioloxía celebra o día 21 de xuño o seu Acto Académico de Graduación da Sétima Promoción de Grao en Bioloxía (2015-2019), no que se graduarán 61 novos egresados e egresadas. A profesora Aida García Molares (Área de Botánica) e o prestixioso Catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo Álvarez exercerán de madriña e padriño da promoción.

O acto estará presidido polo Reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa Roger e intervirán o Decano da Facultade de Bioloxía, Jesús M. Míguez Miramontes e o Decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza, Pelayo Míguez Baños, así como representantes dos graduados/as. Durante o acto farase entrega aos graduados e graduadas dos Diplomas Académicos e Becas, así como da Orla da promoción.

Programa