banner

facultad

docencia

alumnado

banner

profesion

Prácticas Externas Extracurriculares verán 2018

Publicouse a convocatoria de prácticas externas extracurriculares para realizalas no verán 2018.

Solicitantes: Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa.

Anexo I: listaxe de ofertas de prácticas

Solicitude: Presentar na FUVI dito Anexo I xunto co currículum vitae e expediente académico actualizado coa nota media.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 18 de maio de 2018.


Para aclarar dúbidas contactade con Manuel A. Pombal Diego, Vicedecano de Relacións Externas da Facultade de Bioloxía.

Xornada de presentación de mestrados 2018-2019

A Facultade de Bioloxía organiza a Xornada de Presentación dos programas de mestrado ofertados ao estudantado para o vindeiro curso 2018-2019.

O acto celebrarase o vindeiro 11 de abril na Aula 2 a partir das 15.15 horas coa seguinte programación:

  • 15.15: Presentación da xornada
  • 15.30: Mestrado en Profesorado
  • 16.00: Mestrado en Acuicultura
  • 16.30: Mestrado en Biotecnoloxía avanzada

  • 17.00: Mestrado en Bioloxía marina
  • 17.30: Mestrado en Neurociencia
  • 18.00: Mestrado en Xenética
  • 18.30: Mestrado en Biodiversidade

Criterios específicos para a selección das prazas Erasmus+ 2018-2019

Os criterios específicos de selección das prazas Erasmus + da Facultade de Bioloxía para o curso académico 2018-2019 son os seguintes:

  1. Requirimentos de idioma da universidade de destino.
  2. Número de créditos ECTS superados.
  3. Nota media do expediente académico.

Resolucion provisional de destinos Erasmus - Curso 2018-2019

Publicouse a resolución provisional de destinos Erasmus para o curso 2018-2019.

A adxudicación de destinos realizouse atendendo aos requerimentos de idioma da universidade de destino e seguindo os criterios establecidos no noso centro: número de ECTs superados e, a igualdade de ECTs, nota media do expediente académico.

As posibles reclamacións a esta listaxe provisional pódense presentar no decanato ata as 14.00 h. do día 16 de marzo.

 

Resolución provisional destinos Erasmus 2018-2019

Programa de Mobilidade SICUE para o curso 2018-2019

Resolución reitoral de 7 de febreiro de 2018 pola que se fai pública a convocatoria do programa SICUE de mobilidade estudantil para o curso 2018-2019.


PRAZO DE SOLICITUDE

Do 13 de febreiro ao 13 de marzo de 2018, ambos incluidos.

REQUISITOS

  • Estudantes do Grao en Bioloxía.
  • Ter superados, con data de 30 de setembro de 2017, un mínimo de 45 ECTS.
  • Estar matriculado no curso 2017-18 dun mínimo de 30 ECTS na Universidade de Vigo.

SOLICITUDES

A través da Secretaría Virtual (No menú da esquerda escoller “Solicitude Sicue”)

https://secretaria.uvigo.gal/