banner

Política e Obxectivos de Calidade

O compromiso do centro coa calidade e a mellora continua da Facultade de Bioloxía concrétase nunha política de calidade, que marca unha estratexia propia determinada por uns obxectivos xerais de calidade e unhas consecuentes liñas de acción.

A política de calidade da Facultade de Bioloxía deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración coma un factor determinante para acadar a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran. Para iso existe o compromiso en emplear todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cós criterios e directrices establecidos.

Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espíritu crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especiais relevancias aquelas que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vencellados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) coma de todos os procesos vencellados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua coma norma de conducta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

Os obxectivos xerais de calidade da Facultade de Bioloxía e as súas liñas de actuación prioritarias resúmense a continuación:

  • Adaptar a oferta formativa á demanda, sen renunciar aos fundamentos académicos.
  • Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requerido.
  • Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
  • Difundir a oferta formativa.
  • Mellorar a planificación e desenvolvemento das titulacións.
  • Mellorar os resultados académicos das titulacións.
  • Xestionar de forma efectiva os programas formativos.
  • Mellorar a cualificación do PDI e PAS.
  • Mellorar a satisfacción dos grupos de interese.
  • Certificación da implantación do Sistema de Garantía de Calidade do centro.