banner

SGC

O Sistema de Garantía de Calidade defínese como unha ferramenta estratéxica básica para conseguir un avance continuo da Facultade de Bioloxía e das titulacións oficiais adscritas ao centro.

Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixen para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e avance da calidade da oferta formativa.

Có obxectivo de cumprir con este requisito, a Facultade de Bioloxía participou na primeira convocatoria da ACSUG para “deseñar” un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) de acordo ao programa FIDES/AUDIT en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo, obtendo a certificación do deseño o 30 de xaneiro de 2009.

O seguinte paso foi certificar a axeitada implantación do SGC. Neste sentido, e a proposta da Área de Calidade da Universidade de Vigo, a Facultade de Bioloxía participou na convocatoria piloto da ACSUG para este propósito. Tras a visita dun equipo auditor externo, recibiu a certificación por parte da axencia o 18 de novembro de 2013, facendo constar que o SGC da Facultade de Bioloxía fora implantado de acordo ás directrices establecidas polo programa FIDES-AUDIT. A validez do mesmo será ata a mesma data do ano 2019, debendo ser revisado en 2016.

A documentación marco do SGC da Facultade de Bioloxía é: