banner

Calidade

A Facultade de Bioloxía asume a mellora continua e a xestión da calidade coma un requisito indispensable para garantir a satisfacción de todos os grupos de interese dos seus programas formativos.

Baixo esta premisa e antes da implantación do EEES xa participou no II Plan Nacional de Calidade das universidades en 2002 con avaliación externa que emitiu un informe (Informe Final de Avaliación da Titulación de Licenciatura en Bioloxía) que incluía unha serie de fortalezas e debilidades para as que levaron a cabo as accións de mellora pertinentes.

Posteriormente e dacordo có R.D. 1393/2007, de 29 de outubro de 2007 e o R.D. 861/2010, de 2 de xullo de 2010 (que modifica ao anterior), polos que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, todos os títulos que se imparten na Facultade de Bioloxía están integrados nun Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e participan nos programas de Verificación/Modificación, Acreditación e Seguimento de Títulos.

O 18 de novembro de 2013, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou que o Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Bioloxía está implantado conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT (Certificado Nº 3 /13).

A Comisión de Calidade, presidida polo decano do centro, é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGC.