alumnado

Xornada de Portas Abertas

Durante estas visitas, e ao longo de toda unha mañá, os alumnos entran en estreito contacto coas actividades que se desenvolven na Facultade. Primeiramente os alumnos son recibidos polo decano, o cal lles fai unha breve presentación sobre como é o noso centro, a nosa filosofía e as características que nos fan diferentes. Así mesmo infórmalles sobre as titulacións que se imparten, facendo especial fincapé no Grao en Bioloxía e as súas saídas profesionais.

Seguidamente, os alumnos participan nunha visita guiada ás instalacións do centro na que poderán interaccionar con diferentes materiais de orixe biolóxica e realizar, tras breves charlas introductorias por distintos profesores do centro, pequenos experimentos nos laboratorios.

Durante a súa estancia na facultade, os alumnos terán a oportunidade de coñecer máis a fondo como é o Grao en Bioloxía e resolver posibles dúbidas sobre a súa orientación cara a esta disciplina.

jornada de puertas abiertas 2016-2017

Curso 2016-2017: Programa de actividades (30 de Marzo de 2017)

HorarioActividade
10:20 - 10:30 Recepción dos asistentes
10:30 - 11:15 Presentación do centro e das titulacións a cargo do Decano
11:15 - 12:00 Conferencia temática
12:00 - 12:15 Descanso
12:15 - 13:30 Visita guiada polos laboratorios e demostracións científicas
13:30 Despedida