alumnado

Visitas

Visitas á Facultade de Bioloxía

A Facultade de Bioloxía recibe cada ano multitude de visitas de centros de alumnos de educación secundaria e bacharelato que solicitan coñecer o centro en datas diferentes. Estas visitas están organizadas polo Servizo de Información, Orientación e Promoción de Estudantes (SIOPE) da Universidade de Vigo, o cal contacta cós centros e concerta a visita. Nestes casos a visita é máis curta, pero os alumnos reciben información sobre o centro e as súas titulacións e participan en demostracións que os profesores realizan nos laboratorios sobre diferentes temáticas da Bioloxía.

Formulario de solicitude de visita

Visitas a centros de Educación Secundaria

O equipo directivo da Facultade de Bioloxía ofrece a posibilidade de achegarse aos propios centros de educación secundaria para trasladar aos alumnos quenes somos e qué facemos, e presentar a nosa oferta de titulacións, fundamentalmente a do Grao en Bioloxía así como as súas saídas profesionais. Se desexan consultar máis información deben dirixirse ao SIOPE ou á dirección do propio centro.

Formulario de solicitude de charlas de Orientación

Divulgación Científica

Por último, a divulgación dos coñecementos científicos está na filosofía do noso centro. Neste sentido, a Facultade de Bioloxía tamén participa a través do SIOPE na divulgación de temas de actualidade de interese científico para aqueles centros que así o solicitan. Deste xeito os alumnos teñen a posibilidade de coñecer e interaccionar con profesores da nosa facultade que participan de xeito desinteresado na impartición destas charlas. Para iso deben contactar có SIOPE ou directamente coa nosa dirección.

Formulario de solicitude de charlas de Divulgación