alumnado

Programas de Mobilidade

A Facultade de Bioloxía participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais)

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Vicenta S. Martínez Zorzano

Vicedecana de Relacións Externas

+34 986 812 575
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O noso alumnado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (programa SICUE) ou dootros países (programas de mobilidade internacional como Erasmus+, ISEP, Bolsas propias de UVIGO).

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cós programas internacionais de mobilidade de estudantes e profesores. Informa aos estudantes e docentes propios sobre os programas internacionais no ámbito da educación superior, asesóraos sobre a documentación que deben presentar e sobre as posibles bolsas/axudas dispoñibles. Ademáis xestiona a aceptación dos estudantes estranxeiros que participan en programas de mobilidade.

A Universidade de Vigo conta cun regulamento de mobilidade internacional que establece as responsabilidades das distintas persoas implicadas na xestión dos programas de intercambio.

Asimesmo existe un Centro de Linguas que imparte cursos de diversos idiomas, pon a disposición do alumnado un tándem de conversación e realiza os exames para a acreditación de coñecemento de idiomas esixida nos programas de mobilidade internacional.