alumnado

Alumnado novo

 

Benvida e benvido

Esta sección está destinada aos alumnos e alumnas de novo ingreso, ou aqueles que estén valorando a posibilidade de formar parte do noso alumnado. Nela atoparán toda a información que necesitan para a toma de contacto coa nosa Facultade.

Se sodes alumnos de primeiro curso poderedes atopar toda a información previa ao inicio das actividades do curso académico. Unha vez iniciada a actividade docente, os responsables da titulación e profesores vos irán detallando en maior medida as actividades académicas e extraacadémicas que se realizan na nosa Facultade, así como aquelas outras que se realizan na Universidade de Vigo e que poden ser do voso interese.

Ademáis, para todos aqueles que prefiran estabrecer un contacto a través das redes sociais, tanto a Facultade de Bioloxía como a Delegación de Alumnos de Bioloxía "Lynn Margullis" dispoñen de perfiles de Facebook onde poderedes poñervos en contacto con alumnos actuáis e exalumnos e obter información da súa experiencia na nosa Facultade.