banner

8º Congreso de Traballos Colaborativos

O vindeiro 28 de abril celebrarase o VIII Congreso de traballos colaborativos ás 9:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Bioloxía.

O acto parte dunha iniciativa que ten desenvolvido o mestre da materia de Redación e Execución de Proxectos (D. José Luis González Cespón) impartida no Grao en Bioloxía. En dita materia o estudantado desenvolve un proxecto moi atractivo de ámbito biolóxico en colaboración con alumnos de ámbitos tan multidisciplinares como a enxeñaría industrial, a filoloxía e tradución ou as ciencias xurídicas e do traballo.

Neste Congreso o estudantado de Bioloxía leva a cabo unha ponencia oral do seu proxecto conxuntamente cos de Enxeñaría.


Consulta o programa do acto