banner

Xornada de Portas Abertas 2017

Un ano máis, a Facultade de Bioloxía organiza a Xornada de Portas Abertas do centro a futuros novos estudantes.

Durante estas visitas, e ao longo de toda unha mañá, os alumnos entran en estreito contacto coas actividades que se desenvolven na Facultade. Primeiramente os alumnos son recibidos polo decano, o cal lles fai unha breve presentación sobre como é o noso centro, a nosa filosofía e as características que nos fan diferentes. Así mesmo infórmalles sobre as titulacións que se imparten, facendo especial fincapé no Grao en Bioloxía e as súas saídas profesionais.


Máis información na sección específica nesta web.