banner

3º prazo convocatoria Erasmus Prácticas - Curso 2016-2017

O terceiro prazo de solicitudes está aberto na actualidade ate o día 31 de xaneiro de 2017.

Os requisitos xerais son os seguintes:

  • Modalidade A) Estar matriculado na Universidade en estudos oficiais. Ter superado polo menos o 50% dos créditos de que consta a titulación (excepto para o caso de Master e Doutoramento).
  • Modalidade B) Estar matriculado na Universidade no momento da solicitude. As prácticas poderían realizar unha vez que o alumno estea titulado, coas limitación indicadas na convocatoria.
  • Ter un nivel mínimo B1 do idioma no que se vaian a desenvolver as prácticas (Os alumnos que realizaron un período de mobilidade previo, poden estar exentos, dependendo do pais/idioma no que se desenvolvese a estadía previa. Existen máis exencións para a acreditación do idioma contidas na convocatoria). So se aceptan acreditacións linguísticas das recoñecidas pola CRUE. O centro de linguas realiza exames de certificación de nivel durante o mes de maio (En todos os campus da Uvigo os días: 18 de maio B1, 19 de maio B2).
    Máis información e matricula no Centro de Linguas.
  • Contar coa carta de aceptación asinada pola empresa (pode ser un laboratorio da Universidade europea) e por un titor de prácticas da Universidade, que pode ser un profesor do centro da elección do alumno ou no caso de prácticas curriculares o propio profesor responsable desa materia.

As prácticas para o terceiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 01/04/2017 e o 31/08/2017.

Ofértanse 23 prazas para realizar unha de estadía dun mínimo de 2 meses de duración.

A contía da bolsa Erasmus prácticas oscila entre 300€ e 400€ dependendo do país de destino e é compatible coas axudas que a empresa desexe aportar. A bolsa máxima é de 3 meses por curso académico independentemente da duración real da estadía.

Podedes atopar máis información na web da ORI