banner

A oficina de Relacións Internacionais convoca unha xuntanza informativa sobre as bolsas de intercambio

A oficina de Relacións Internacionais convoca unha xuntanza informativa co obxecto de dar información sobre os procedementos e axudas económicas das bolsas de intercambio.

Prégase asistir xa que é de interese para o alumnado de intercambio. 

Pódese asistir a calquera das seguintes sesións:

  • Ás 10:00 horas do  7 de maio  no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución (para o alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución)
  • Ás 15:00 horas do 7 de maio no Salón de Actos a Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus)
  • Ás 13:00 horas do 9 de maio no Salón de Actos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais