banner

Feira de emprego FINDE.U 2018

A Finde.U - Feira Internacional de Emprego Universitario abre mañán día 16 en Exponor (Porto) coa participación de arredor de 90 empresas con ofertas de emprego e prácticas. O mércores 17 a Área de Emprego e Emprendemento pon a disposición da comunidade universitaria un servizo de autobús de balde a Exponor previa inscrición nesta ligazón.

A Área de Emprego e Emprendemento ofrece tamén un servizo de autobuses de balde ao Ifevi desde os tres campus durante os días 23 e 24 con motivo da Finde.U de Vigo. Para os servizos desde os campus de Ourense, Pontevedra, así como desde Torrecedeira será necesaria inscrición previa.

Desde o Campus universitario de Vigo funcionará un servizo contínuo desde as 9;45 ás 16;45 con frecuencias de 30 minutos para o que non será preciso inscribirse.


Máis información sobre a Finde.U na web da Área de Emprego e Emprendemento.