banner

Semana Cero para alumnos novos do Grao en Bioloxía (curso 2017-2018)

Dende o luns 4 e ata o xoves 7 de setembro os alumnos que se incorporan por primeira vez ao Grao en Bioloxía poderán asistir a unha serie de actividades dirixidas especialmente para eles e que conforman a semana cero. A semana cero ten como obxectivo que o novo estudantado coñeza de primeira man a estrutura e o funcionamento da titulación de Grao en Bioloxía, da Facultade de Bioloxía e da Universidade de Vigo.


Visita o apartado da Semana Cero