banner

European Diploma Supplement

O Suplemento Europeo ao Título é un documento que engade información ao título oficial obtido co obxectivo de incrementar a transparencia das diversas titulacións oficiais impartidas no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e facilitar así o seu recoñecemento académico e profesional. O Suplemento Europeo ao Título, como instrumento para proporcionar máis información ao posible empregador do titular dun Grao ou Posgrao, será expedido a solicitude do interesado pola universidade correspondente.

Contido


Información unificada, personalizada para cada título universitario, sobre os estudos cursados, os resultados obtidos, as capacidades profesionais e persoais adquiridas e o nivel da súa titulación no sistema nacional de educación superior.

En concreto, segundo o modelo elaborado pola Comisión Europea, o Consello de Europa e UNESCO/CEPES (Centro Europeo para o Ensino Superior) debe conter a seguinte información:

  • Datos do estudante
  • Información da titulación
  • Información sobre o nivel da titulación
  • Información sobre o contido e resultados obtidos
  • Información sobre a función da titulación
  • Información adicional
  • Certificación do suplemento
  • Información sobre o sistema nacional de educación superior

Normativa


Real decreto 22/2015, de 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do Suplemento Europeo ao Título