alumnado

Tutorial Action Plan

O PAT é o instrumento a través do cal se deseña o contido e se executan as distintas accións relativas á titoría dos alumnos matriculados na titulación.

PAT do Grao en Bioloxía


O PAT é o instrumento a través do cal se deseña o contido e execútanse as distintas accións relativas á titoría do estudantado matriculado na titulación.

O PAT que se desenvolve na Facultade de Bioloxía dá apoio continuo ao estudantado no plano académico, persoal e pre-profesional, facilitando a súa adaptación ao sistema universitario, orientándoos e motivándoos durante os seus estudos, e contribuíndo á súa formación para o desempeño da profesión. O PAT trata así de dar coherencia a un dos principios polos que aposta a Facultade de Bioloxía: contribuir á formación integral do estudantado e á plena adquisición das competencias do título.


PAT nos estudos de posgrao


Todas as titulacións de mestrado adscritas ao centro desenvolven plans de acción titorial có obxectivo de dar apoio e orientación aos estudantes matriculados.

As características específicas dos sistemas de acción titorial das titulacións de mestrado poden consultarse nas páxinas web de cada título, no apartado Estudos.